lunes, 19 de octubre de 2009

Xa están subidas as fotos do concerto do Foso

Xa están colgadas as fotos do último concerto de Rockin'13, o pasado 3 de outubro no pub Foso de Santa Comba. Podedes ve-las no enlace da marxe dereita, clickando nel levavos ao álbum Picasa de Rockin'13. E se tedes algunha foto máis non dubidedes en poñervos en contacto con nós. Estes días Rockin'13 estamos de descanso tras preparar con moito ánimo os tres concertos de retorno, e pronto imos traballar nos vindeiros, que serán previsiblemente cara finais de ano. A todos os que estivestes con nós nestes meses, moitas gracias e vémonos nos escenarios!!