domingo, 16 de enero de 2011
Rockin’13 “mira ao ceo”
lunes, 6 de septiembre de 2010
Este-Band, o proxecto alternativo de Rockin’13, dará un concerto este venres en Santa Comba
Rockin’13 volve a pisar un escenario neste ano de transición no que está cobrando vida o proxecto paralelo Este-band. Coa ausencia do batería da banda, Esteban García, os catro membros restantes de Rockin’13 puxéronse mans a obra para seguir compoñendo e levando a súa música por todolos rincóns das comarcas de Barcala, Xallas e os arredores da capital.
Deste xeito, este venres 10 de setembro Este-Band ofrecerá un concerto no Pub Trisquel, de Santa Comba, a partir das 22:30 horas. A banda repasará os temas clásicos de Rockin’13, coma “Me Voy”, “Pregúntale al Sol” ou “Juerga”, en versión acústica. Ademais, presentará dous temas novos, unha canción instrumental composta por ‘Pancho’ Cancela e unha incursión no blues-rock en galego.
Como é habitual nos concertos da banda barcalesa, tamén haberá oco para lembrar os mellores clásicos do rock, desta volta cunha perspectiva diferente, coa inclusión nalgúns temas de instrumentos coma o saxofón e o caixón. O jazz tamén fará acto de presencia nun par de temas instrumentales, para logo dar paso a un peche de concerto intenso e rockanroleiro.
Este-Band e Rockin’13 animan a todos os amantes da música en directo e do rock and roll a acudir este venres ao Pub Trisquel da capital xalleira.
miércoles, 21 de julio de 2010
Pancho debuta no Nicrarock co proxecto paralelo Pitman Rock Classics

lunes, 7 de junio de 2010
Rockn'13 fará unha actividade didáctica este venres nun colexio
Os membros de Rockin'13, salvo Miki, estarán este venres no colexio Santa Apolonia de Santiago de Compostela, onde Pancho exerce as veces de mestre (iso di!!!). Irán a facer unha actividade didáctica con rapaces de 8 anos en diante, na que lles ensinarán os segredos de instrumentos coma a batería, o baixo, a guitarra ou o saxofón.
viernes, 5 de febrero de 2010
Esteban e Little participaron na II Jam Session do Pub O Foso

O pasado fin de semana o Pub O Foso de Santa Comba, acolleu a II Jam Session entre músicos xalleiros e barcaleses, entre outros. A esta cita non puideron faltar Esteban García e Rubén Mayo "Little", batería e baixo de Rockin' 13, respectivamente. Acompañados de músicos doutras formacións coma Kaña d'Herbas ou Marmota Phil, tocaron temas tan míticos coma Heroin (Velvet Underground) ou About a Girl (Nirvana), entre outros.
lunes, 30 de noviembre de 2009
Os internautas escollen "Me Voy" como a mellor canción de Rockin'13
lunes, 16 de noviembre de 2009
Rockin'13 tamén estivo na Jam Session do Foso
Aqui vedes a Pancho de Rockin'13 e a Efrén de Kaña d'Herbas na Jam Session deste venres pasado que un dos nosos sitios preferidos de Santa Comba, o Foso, tuvo o pracer de poñer en marcha. Nela, ademais de membros de Rockin'13 e dos citados Kaña d'Herbas tamén participaron músicos de Xan Solo ou de Marmota Phil, entre outros. Pola nosa parte, felicitamso ao Foso e aos seus encargados por este tipo de iniciativas e por apoiar sempre o rock and roll. Polo demais, Rockin'13 seguimos preparando novos temas e novos concertos para o Nadal, así que estade atentos que pronto estaremos nos escenarios!!