lunes, 7 de junio de 2010

Rockn'13 fará unha actividade didáctica este venres nun colexio


Os membros de Rockin'13, salvo Miki, estarán este venres no colexio Santa Apolonia de Santiago de Compostela, onde Pancho exerce as veces de mestre (iso di!!!). Irán a facer unha actividade didáctica con rapaces de 8 anos en diante, na que lles ensinarán os segredos de instrumentos coma a batería, o baixo, a guitarra ou o saxofón.
Ademais de conversar e respostar as dúbidas dos rapaces, interpretarán temas fácilmente recoñecibles para os nenos e nenas do colexio. Así, Rockin'13 cambiará por unhas horas o seu repertorio habitual para versionar as sintonías de series de televisión coma Los Simpson, Bob Esponja, El Equipo A ou La Pantera Rosa.
Doutra banda, Rockin' 13 está agardando confirmar unha nova actuación a finais deste mes, así que estade atentos que vos iremos informando nas próximas semanas. Unha última cousiña, un favorciño que vos pedimos. Rockin'13 está participando no concurso "Vas sacar nota"" da Radio Galega, cun tema orixinal de Pancho. Se clickades aquí http://ww3.crtvg.es/vas-sacar-nota/?paged=2, podedes escoitar o tema "Solo podo pararme a escoitar" e darnos un voto, imos terceiros, así que coa vosa axuda a ver se damos o salto e podemos gañar o concurso. Podedes votar unha vez ao día. A que esperades!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario