domingo, 27 de septiembre de 2009

Concerto de Rockin'13 o sábado 3 de outubro no Pub Foso (Santa Comba)

O Pub O Foso de Santa Comba será escenario este sábado día 3 de outubro do terceiro concerto da xira de retorno de Rockin'13. Estades todos convidados, será a iso das 23:30 horas e haberá algún tema novo e varias versións que vos sorprenderán. Temos moitas ganas de dar un bo espectáculo, vémonos alí!!!!

lunes, 21 de septiembre de 2009

Rockin'13 estivo presente no Nicrarock coa colaboración de Pancho no concerto de Marmota Phil

O noso polifacético compañeiro Pancho prestou a súa colaboración este venres na edición 2009 do Nicrarock tocando un par de temas no saxo cos amigos de Marmota Phil, nun dos mellores momentos do festival. Esta colaboración tamén a fixo a inicios deste mes en A Baña no II Denosiñas Rock, non só con Marmota Phil senón tamén con Xan Solo. A incorporación do saxo nalgúns temas é outra das novidades de Rockin'13 na súa xira de retorno, algo posible tamén gracias á incorporación de Rubén "Little" no baixo, o que permite que Pancho diversifique as súas dotes musicais. Aquí tedes outra imaxe do Nicrarock...

Doutra banda, seguimos a preparar os concertos de primeiros do mes de outubro, xa vos manteremos informados!!

domingo, 20 de septiembre de 2009

Nova na Voz de Galicia sobre o I Xantar Carnavaleiro que contou coa actuación de Rockin'13

Este sábado Rockin'13 tivo o pracer de sumarse á festa dos Carnavaleiros de Barcala, ofrecendo un concerto sobre as once da noite no refuxio de Covas de Negreira. Aquí vos deixamos a noticia que o noso amigo de Radio Negreira Emilio Forján "Harris" elaborou para o xornal La Voz de Galici, e na que cita a Rockin'13.

El primer xantar entroideiro celebrado ayer por los Carnavaleiros de Barcala en el área recreativa de Covas reunió a más de medio centenar de comensales, que asistieron a la misa oficiada por el Papa Benedicto XVII, auxiliado por un párroco de la comarca, y con la inestimable colaboración del presidente de la asociación de Empresarios de Negreira, Ramiro Furelos, siempre dispuesto a echar una mano allá donde le requieren.

Por supuesto que la misa estuvo salpicada del característico y mordaz sentido del humor de la comparsa decana del entroido barcalés, que próximos a la treintena de miembros, empiezan a argallar planes de cara al que será su veinticinco aniversario, en el desfile del entroido del año 2012.

La jornada lúdica en el incomparable marco del refugio de Covas estuvo acompañada de la música del dúo Osmar, que amenizó la sesión vermú, así como la actuación del grupo de rock bañés Rockin'13, ya que a la vez, algunos de sus componentes forman parte de la nueva hornada de que se alimentan los Carnavaleiros de Barcala, cuyo gran maestro, Juan Varela, fue agasajado por sus propio compañeros con un ramo de flores, en reconocimiento a una ardua trayectoria como entroideiro de más de veinte años.

viernes, 18 de septiembre de 2009

Rockin'13 ofrece o sábado 19 o segundo concerto da xira de retorno

O refuxio de pescadores de Covas (Negreira) acolle mañá o segundo concerto da xira de retorno de Rockin'13 a partir das dez e media da noite. Para que os nosos fans non pasen sede haberá instalado un bochinche con refrescos e licores varios a prezos asequibles. O concerto celébrase no marco do I Xantar Carnavaleiro dos antroideiros de Barcala, comparsa que leva 22 anos animando os Entroidos de Negreira e A Baña. Desde o mediodía haberá en Covas xantar campeste con polbo, churrasco, postre e viño a un prezo de 25 euros (retirada de tickets na Esmorga, no Oasis, no Trisquel, no Hotel Tamara, no Arranca, na Parrillada Val de Barcala e no Milos). Haberá sesión vermú a cargo do dúo OSMAR, que volverá actuar despois do xantar. Pola tarde tamén haberá sorteos e agasallos para todos os asistentes, e o peche da festa correrá a cargo de Rockin'13 a iso das dez e media. Vémonos alí!!!!

lunes, 14 de septiembre de 2009

Unhas 250 persoas vibraron en Chans co rock barcalés no II Denosiñas Rock


A área recreativa de Chans acolleu o pasado venres a segunda edición do Festival Denosiñas Rock, organizado pola Asociación Xuvenil, Cultural e Deportiva Lumieira en colaboración co Concello de A Baña. Ao longo da noite unhas 250 persoas saltaron e brincaron coa música en directo de Xan Solo, Marmota Phil, Pito de Pikasso, Rockin’13 e Kaña de Herbas. O festival comeza así a consolidarse coma unha cita obrigada para os amantes do rock nos arredores de Compostela.

O tempo acompañou na noite do venres e os seguidores da boa música e do rock en directo achegáronse a Chans para reencontrarse co Festival Denosiñas Rock, que organizou novamente o colectivo xuvenil Lumieira. Tras un ano de parón, a cita serviu para amosar que o rock segue vivo na comarca barcalesa, congregando ademais a persoas de Santiago, Santa Comba, Ames ou Brión. O esforzo de Lumieira, ao incorporar máis grupos ao cartel e un equipo de son máis potente, recibiu a resposta do público.

O festival arrancou pasadas as dez da noite, coa actuación do polifacético artista local Xan Solo, que sorprendeu gratamente aos presentes coas súas letras provocativas e cargadas de dobre sentido. Coa guitarra acústica coma única compañeira, ademais do saxo de Alberto Cancela Pancho en tres temas, Xan Solo repasou cancións dos seus traballos “Cancións informais” e “Un lánguido poema arde”. Acto seguido subiu ao escenario a banda negreiresa Marmota Phil, que demostrou as súas boas maneiras e o seu paso cara un estilo máis indie, como se aprecia na súa maqueta “At the Stairs”.

A terceira banda en actuar no Denosiñas Rock foron os santiagueses Pito de Pikasso, que agradaron ao público barcalés co seu punk-rock desenfadado e gamberro. Ataviados con faldas escocesas, Pito de Pikasso expuso sobre o palco de Chans boa parte dos temas do seu disco “Kraksh”. A estas alturas da noite o público xa estaba máis que animado tras tres actuacións de grande nivel.

O punto álxido chegou coa volta aos escenarios da banda bañesa Rockin’13, que presentaba cambios na súa formación que foron moi ben recibidos polos seus seguidores. Cunha mistura de temas propios da maqueta “Sin Aire para Respirar” e varias versións de clásicos coma Led Zeppelin ou Loquillo, Rockin’13 agradou no seu esperado retorno. Entrando na madrugada foi o turno dos negreireses Kaña de Herbas, que con temas propios moi movidos e versións clásicas do rock galego remataron a festa por todo o alto.

Organización

A segunda edición do Festival Denosiñas Rock foi valorada de xeito positivo pola Asociación Xuvenil, Cultural e Deportiva Lumieira, destacando o éxito de participación por parte do público e o gran nivel amosado por tódalas bandas. “Temos que agradecer a tódolos grupos a súa colaboración ao longo de todo o día”, sinalou tralo festival o membro de Lumieira Alberto Cancela. “Agardamos que o ano que vén poidamos continuar co festival e preparar unha terceira edición á altura das anteriores”. Cancela tamén quixo agradecer a colaboración prestada polos Concellos de A Baña e Santa Comba.

Ademais, tanto a organización coma os grupos quedaron moi contentos coa empresa encargada do sonido, Más DB’S, cuxo traballo engadiu espectacularidade ao evento. Tralo éxito acadado na segunda convocatoria, o festival comeza a consolidarse coma un referente do movemento rockeiro de Barcala e zonas limítrofes. A terceira edición do Denosiñas Rock dará continuidade ás actividades de Lumieira en A Baña. Desde a súa creación, o colectivo xuvenil organizou as festas patronais no municipio, un torneo de fútbol 7 e espectaculares carrozas para os Carnavais de Barcala e dos arredores.



miércoles, 2 de septiembre de 2009

Rockin' 13 retorna aos escenarios no II Festival Denosiñas Rock en A Baña o 4 de setembro

A área recreativa de Chans será escenario o vindeiro venres 4 de setembro da segunda edición do Festival Denosiñas Rock, organizado pola Asociación Xuvenil, Cultural e Deportiva Lumieira en colaboración co Concello de A Baña. A música en directo arrancará ás 9 e media da noite, e contará coa actuación de cinco grupos da comarca e arredores: Xan Solo, Marmota Phil, Pito de Pikasso, Rockin’13 e Kaña de Herbas.

O colectivo xuvenil Lumieira retoma a celebración deste festival de rock, que tivo a súa primeira edición no ano 2007 coa participación dos grupos Rockin’13, Trifulca e The Molestons. Tras un ano de transición no que Lumieira se centrou en organizar actividades como as festas patronais da Baña e un torneo de Fútbol 7 no municipio, ou destacar con imponentes carrozas nos Carnavais de Barcala e arredores; os nove integrantes da Asociación plantexáronse este ano recuperar o festival baixo o nome de Denosiñas Rock.

O concerto terá lugar na explanada de Chans, fronte ao edificio multiusos do Concello. Nel terá instalado a organización o tradicional bochinche, a tan só uns metros do palco desde o que as cinco formacións invitadas ofrecerán a súa música en directo. Esta é unha das novidades con respecto á primeira edición, ademais dun potente equipo de son que instalará a empresa DB’S. A entrada ao recinto será gratuita.

As bandas

A segunda edición do Denosiñas Rock contará con cinco grupos, todos da comarca barcalesa, excepto os santiagueses Pito de Pikasso. O encargado de abrir o concerto será o artista bañés Xan Solo. Formado na escola de teatro Espacio Aberto, o seu proxecto fin de estudos “Cancións Informais” da lugar a unha maqueta co mesmo nome na que tamén participan os músicos Justo Lera e Eduardo Recarey. A mediados do 2009, Xan forma a súa propia banda, a “Xan Solo Van”, grabando unha nova maqueta do que se convertirá no seu segundo disco “Un lánguido poema arde”.

Tras Xan Solo subirá ao escenario de Chans a banda barcalesa Marmota Phil. Tras un par de concertos no 2005, a banda reestructúrase no seguinte ano para quedar formada por Manu, Óscar, Dani e Sergio. Esta formación graba a primeira maqueta de Marmota Phil no ano 2008, titulada “At the Stairs”, na que evidencian o seu cambio de estilo cara o rock indie.

Os santiagueses Pito de Pikasso serán o terceiro grupo en pisar o escenario do Denosiñas Rock. Finalistas do festival Nsaio no Camiño no ano 2007 coa súa maqueta “El sentido está por venir”, esta formación xa compartiu concertos con bandas coma Def con Dos, Los Suaves, Siniestro Total ou Ruxe Ruxe. Milo, Schaal, “Aceite Johnson” Spinelli e Luko presentarán en A Baña os doce temas do seu primeiro disco, “Kraksh”, grabado este mesmo ano.

A temperatura irá subindo pasada a medianoite co regreso aos escenarios da banda bañesa Rockin’13. Tras dous anos de parón por motivos profesionais, Pancho, Esteban, Diego e Miguel retornan coa incorporación do baixista Rubén. Nados no ano 2003 baixo o nome “Provisional”, a banda grabou en 2005 a súa primeira maqueta, “Sin Aire para Respirar”, rebautizados xa coma Rockin’13. Coa baixa de Mario, o grupo prepara a súa segunda maqueta con Pancho e Diego nas guitarras, Rubén no baixo, Esteban na batería e Miguel na voz.

O peche do concerto corresponderálle á banda negreiresa Kaña de Herbas, formada no 2008 por Efrén na voz e na guitarra, Campos no baixo, Ricardo de Lula na guitarra solista e Vieito na batería e na percusión. Con menos dun ano enriba dos escenarios e coa incorporación de Maruko da Barquiña na trompeta, Kaña de Herbas prepara os temas da súa primeira maqueta tras triunfar no Festival Terra de Lugo.