lunes, 6 de septiembre de 2010

Este-Band, o proxecto alternativo de Rockin’13, dará un concerto este venres en Santa Comba


Rockin’13 volve a pisar un escenario neste ano de transición no que está cobrando vida o proxecto paralelo Este-band. Coa ausencia do batería da banda, Esteban García, os catro membros restantes de Rockin’13 puxéronse mans a obra para seguir compoñendo e levando a súa música por todolos rincóns das comarcas de Barcala, Xallas e os arredores da capital.

Deste xeito, este venres 10 de setembro Este-Band ofrecerá un concerto no Pub Trisquel, de Santa Comba, a partir das 22:30 horas. A banda repasará os temas clásicos de Rockin’13, coma “Me Voy”, “Pregúntale al Sol” ou “Juerga”, en versión acústica. Ademais, presentará dous temas novos, unha canción instrumental composta por ‘Pancho’ Cancela e unha incursión no blues-rock en galego.

Como é habitual nos concertos da banda barcalesa, tamén haberá oco para lembrar os mellores clásicos do rock, desta volta cunha perspectiva diferente, coa inclusión nalgúns temas de instrumentos coma o saxofón e o caixón. O jazz tamén fará acto de presencia nun par de temas instrumentales, para logo dar paso a un peche de concerto intenso e rockanroleiro.

Este-Band e Rockin’13 animan a todos os amantes da música en directo e do rock and roll a acudir este venres ao Pub Trisquel da capital xalleira.

miércoles, 21 de julio de 2010

Pancho debuta no Nicrarock co proxecto paralelo Pitman Rock Classics



O pasado venres celebrouse en Negreira unha nova edición do Festival Nicrarock, un clásico no que Rockin'13 tamén estivo fai uns anos. Un ano máis, a representación de Rockin'13 estivo formada por Pancho. Se o ano pasado colaboraba con Marmota Phil nalgúns temas ao saxo, desta volta o noso alma máter puxo a voz cantante ao proxecto paralelo Pitman Rock Classics. Aquí o podedes ver en acción cos ex Indecisos Pablo (guitarra) e Juan (batería), e con Óscar de Marmota Phil no baixo. Pitman pecharon o Nicrarock coas versións dos mellores clásicos do rock, como por exemplo Heart Full of Soul, de Yardbirds (aquí podedes ver un pedaciño http://www.youtube.com/watch?v=nlcCBy9r_-s).
Doutra banda, en Rockin'13 seguimos traballando para ofrecervos novos temas e máis concertos cara o mes de setembro. Estade atentos ás novidades que vos iremos poñendo desde aquí. Un saúdo a todos!!

lunes, 7 de junio de 2010

Rockn'13 fará unha actividade didáctica este venres nun colexio


Os membros de Rockin'13, salvo Miki, estarán este venres no colexio Santa Apolonia de Santiago de Compostela, onde Pancho exerce as veces de mestre (iso di!!!). Irán a facer unha actividade didáctica con rapaces de 8 anos en diante, na que lles ensinarán os segredos de instrumentos coma a batería, o baixo, a guitarra ou o saxofón.
Ademais de conversar e respostar as dúbidas dos rapaces, interpretarán temas fácilmente recoñecibles para os nenos e nenas do colexio. Así, Rockin'13 cambiará por unhas horas o seu repertorio habitual para versionar as sintonías de series de televisión coma Los Simpson, Bob Esponja, El Equipo A ou La Pantera Rosa.
Doutra banda, Rockin' 13 está agardando confirmar unha nova actuación a finais deste mes, así que estade atentos que vos iremos informando nas próximas semanas. Unha última cousiña, un favorciño que vos pedimos. Rockin'13 está participando no concurso "Vas sacar nota"" da Radio Galega, cun tema orixinal de Pancho. Se clickades aquí http://ww3.crtvg.es/vas-sacar-nota/?paged=2, podedes escoitar o tema "Solo podo pararme a escoitar" e darnos un voto, imos terceiros, así que coa vosa axuda a ver se damos o salto e podemos gañar o concurso. Podedes votar unha vez ao día. A que esperades!!

viernes, 5 de febrero de 2010

Esteban e Little participaron na II Jam Session do Pub O Foso


O pasado fin de semana o Pub O Foso de Santa Comba, acolleu a II Jam Session entre músicos xalleiros e barcaleses, entre outros. A esta cita non puideron faltar Esteban García e Rubén Mayo "Little", batería e baixo de Rockin' 13, respectivamente. Acompañados de músicos doutras formacións coma Kaña d'Herbas ou Marmota Phil, tocaron temas tan míticos coma Heroin (Velvet Underground) ou About a Girl (Nirvana), entre outros.