lunes, 6 de septiembre de 2010

Este-Band, o proxecto alternativo de Rockin’13, dará un concerto este venres en Santa Comba


Rockin’13 volve a pisar un escenario neste ano de transición no que está cobrando vida o proxecto paralelo Este-band. Coa ausencia do batería da banda, Esteban García, os catro membros restantes de Rockin’13 puxéronse mans a obra para seguir compoñendo e levando a súa música por todolos rincóns das comarcas de Barcala, Xallas e os arredores da capital.

Deste xeito, este venres 10 de setembro Este-Band ofrecerá un concerto no Pub Trisquel, de Santa Comba, a partir das 22:30 horas. A banda repasará os temas clásicos de Rockin’13, coma “Me Voy”, “Pregúntale al Sol” ou “Juerga”, en versión acústica. Ademais, presentará dous temas novos, unha canción instrumental composta por ‘Pancho’ Cancela e unha incursión no blues-rock en galego.

Como é habitual nos concertos da banda barcalesa, tamén haberá oco para lembrar os mellores clásicos do rock, desta volta cunha perspectiva diferente, coa inclusión nalgúns temas de instrumentos coma o saxofón e o caixón. O jazz tamén fará acto de presencia nun par de temas instrumentales, para logo dar paso a un peche de concerto intenso e rockanroleiro.

Este-Band e Rockin’13 animan a todos os amantes da música en directo e do rock and roll a acudir este venres ao Pub Trisquel da capital xalleira.

No hay comentarios:

Publicar un comentario