O refuxio de pescadores de Covas (Negreira) acolle mañá o segundo concerto da xira de retorno de Rockin'13 a partir das dez e media da noite. Para que os nosos fans non pasen sede haberá instalado un bochinche con refrescos e licores varios a prezos asequibles. O concerto celébrase no marco do I Xantar Carnavaleiro dos antroideiros de Barcala, comparsa que leva 22 anos animando os Entroidos de Negreira e A Baña. Desde o mediodía haberá en Covas xantar campeste con polbo, churrasco, postre e viño a un prezo de 25 euros (retirada de tickets na Esmorga, no Oasis, no Trisquel, no Hotel Tamara, no Arranca, na Parrillada Val de Barcala e no Milos). Haberá sesión vermú a cargo do dúo OSMAR, que volverá actuar despois do xantar. Pola tarde tamén haberá sorteos e agasallos para todos os asistentes, e o peche da festa correrá a cargo de Rockin'13 a iso das dez e media. Vémonos alí!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario