lunes, 30 de noviembre de 2009

Os internautas escollen "Me Voy" como a mellor canción de Rockin'13

Tras varias semanas coa enquisa sobre o mellor tema de Rockin'13 en liza, xa temos o resultado final das votacións. Cun total de 19 sufraxios, a canción "Me Voy" resultou elixida coma o noso mellor tema. Así quedou a cousa:

1º Me Voy (7 votos)
2º Juerga (4 votos)
3º Pregúntale al Sol (3 votos)
4º Miradas Raras (3 votos)
5º Nací para el Rock and Roll (2 votos)

En breve teredes unha nova enquisa, e algunha que outra noticia sobre a xira de Nadal!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario